Skip to main content

Simposio Internacional ‘Teatro e Activismo’

09.29.2025-09.30.2025

Santiago de Compostela
Sala académica

Detalle do cartel
Detalle do cartel

Entre os días 29 e 30 de setembro a Facultade de Filoloxía acollerá o Simposio Internacional ‘Teatro e activismo, na que participará persoal experto de universidades europeas e que rematará o martes cun encontro co Grupe Chévere para facer unha aproximación á escena galega.

A xornada, dirixida por Mónica Rial Molanes baixo a coordinación de Miguel Alcalde Silveira e Sonia García Muñoz, é de asistencia libre. Para recibir un certificado débese asistir, polo menos, ao 70% das intervencións programadas e inscribirse a través do seguinte enderezo: monica.rial.molanes [at] usc.es (monica[dot]rial[dot]molanes[at]usc[dot]es).

O programa que se desenvolverá na sala académica do centro comeza o luns 29 ás 9:45 horas co relatorio de Gabriela Cordone, da Universidade de Lausanne, titulado ‘Activismo e teorías torcidas. Notas fuxitivas sobre val flores’, a quen lle seguirán Mario de la Torre, da Universidade de Granada, e Alba Saura Clares, da Autónoma de Barcelona.

Xa o martes será a quenda de Eduardo Pérez-Rasilla, da Universidade Carlos III de Madrid, e de Remedios Perni, da Universidade de Alacante.
 

The contents of this page were updated on 09.24.2025.