Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://assets.usc.gal/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Deixe de fumar antes do verán

Deixe de fumar antes do verán
Deixe de fumar antes do verán
Deixe de fumar antes do verán

En torno aos meses de abril e maio unha parte das persoas que fuman propóñense deixar de fumar para cando chegue o verán. Con este propósito a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC – que dirixe o catedrático Elisardo Becoña– lanza unha nova campaña cun tratamento ben coñecido por moitos fumadores e cuns resultados moi eficaces. Quen desexe abandonar o tabaco antes do verán poderá inscribirse ata finais deste mes de abril na Unidade da Facultade de Psicoloxía no teléfono 881 813939, no correo elisardo.becona@usc.es ou a través de http://www.usc.es/gl/servizos/tabaquismo/ Segundo apunta Becoña, “por sorte aumentou notablemente nos últimos anos a conciencia social sobre a necesidade de deixar de fumar, tanto entre os non fumadores como entre os fumadores (que hoxe son un 24% da poboación adulta)”. “Pero non todos os fumadores logran deixar de fumar por eles mesmos e unha parte teñen que pedir axuda profesional para poder conseguilo, o que será para eles unha garantía de éxito”, sinala.

The contents of this page were updated on 06.22.2023.