Deixe de fumar antes do verán
En torno aos meses de abril e maio unha parte das persoas que fuman propóñense deixar de fumar para cando chegue o verán. Con este propósito a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC – que dirixe o catedrático Elisardo Becoña– lanza unha nova campaña cun tratamento ben coñecido por moitos fumadores e cuns resultados moi eficaces. Quen desexe abandonar o tabaco antes do verán poderá inscribirse ata finais deste mes de abril na Unidade da Facultade de Psicoloxía no teléfono 881 813939, no correo elisardo.becona [at] usc.es (elisardo[dot]becona[at]usc[dot]es) ou a través de http://www.usc.es/gl/servizos/tabaquismo/ Segundo apunta Becoña, “por sorte aumentou notablemente nos últimos anos a conciencia social sobre a necesidade de deixar de fumar, tanto entre os non fumadores como entre os fumadores (que hoxe son un 24% da poboación adulta)”. “Pero non todos os fumadores logran deixar de fumar por eles mesmos e unha parte teñen que pedir axuda profesional para poder conseguilo, o que será para eles unha garantía de éxito”, sinala.