Skip to main content

O Claustro debate este venres o Informe Anual 2018

Imaxe de arquivo do Claustro constituínte celebrado o pasado mes de outubro. Foto: Servimav-USC
Imaxe de arquivo do Claustro constituínte celebrado o pasado mes de outubro. Foto: Servimav-USC
Tamén se debate a eliminación do requisito de acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de grao

O Claustro Universitario reunirase este venres 10 en sesión ordinaria a partir das 9.45 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito. A sesión principiará coa presentación do Informe anual 2018, documento que o actual equipo recupera como “exercicio necesario de rendición de contas diante do máximo órgano de representación da comunidade universitaria”, así como a “súa discusión nun debate de carácter xeral”. O obxectivo deste documento é “desenvolver no Claustro un debate sobre cuestións de indubidable interese para a Universidade, cun formato máis libre, non ligado directamente á presentación de emendas”.

O seguinte dos puntos incluídos na orde do día desta xuntanza será a aprobación, se procede, da modificación das Liñas xerais da USC para a elaboración das novas titulacións oficiais reguladas polo RD 1393/2007. Esta modificación propón a supresión do requisito de acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de grao.

The contents of this page were updated on 05.09.2019.