O Claustro debate este venres o Informe Anual 2018
O Claustro Universitario reunirase este venres 10 en sesión ordinaria a partir das 9.45 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito. A sesión principiará coa presentación do Informe anual 2018, documento que o actual equipo recupera como “exercicio necesario de rendición de contas diante do máximo órgano de representación da comunidade universitaria”, así como a “súa discusión nun debate de carácter xeral”. O obxectivo deste documento é “desenvolver no Claustro un debate sobre cuestións de indubidable interese para a Universidade, cun formato máis libre, non ligado directamente á presentación de emendas”.
O seguinte dos puntos incluídos na orde do día desta xuntanza será a aprobación, se procede, da modificación das Liñas xerais da USC para a elaboración das novas titulacións oficiais reguladas polo RD 1393/2007. Esta modificación propón a supresión do requisito de acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de grao.