ECTS credits ECTS credits: 12
ECTS Hours Rules/Memories Student's work ECTS: 296.7 Hours of tutorials: 2.5 Interactive Classroom: 0.8 Total: 300
Use languages Spanish, Galician
Type: Work placements for Master’s Degree RD 1393/2007 - 822/2021
Departments: Soil Science and Agricultural Chemistry, Botany, Functional Biology, Zoology, Genetics and Physical Anthropology
Areas: Soil Science and Agricultural Chemistry, Botany, Ecology, Zoology
Center Faculty of Biology
Call: Work Placements in Companies for Degrees and Master's Degrees
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
D. ........................., Días .........., de HH:MM a HH:MM no despacho ....... do departamento de ....................
As prácticas externas están especificamente enfocadas cara a aplicación dos contidos formativos adquiridos na fase docente, na práctica da caracterización, conservación e xestión da biodiversidade e dos hábitats.
Levaranse a cabo prácticas titorizadas no marco dun proxecto que o alumnado debe desenvolver segundo os convenios asinados entre a Facultade e diversas entidades. Os contidos dependerán da natureza de cada proxecto.
BÁSICAS
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación ou laboral.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
XERAIS
Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo.
Adquirir coñecementos xerais de todos os aspectos relacionados coa titulación tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto.
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na titulación nunha contorna profesional, expoñendo e argumentando as ideas de maneira clara, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado co ámbito ambiental, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e de síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
ESPECÍFICAS
- Saber asesorar e desenvolver estudos e plans para a caracterización, conservación e xestión do medio natural.
- Coñecer e empregar as ferramentas axeitadas para avaliar a realidade ambiental dun sistema natural.
- Saber analizar a estrutura, funcionamento e dinámica das poboacións, comunidades e hábitats para a súa conservación e xestión.
- Saber aplicar as técnicas de análise territorial como ferramenta para a caracterización, conservación e xestión da biodiversidade e os seus hábitats.
- Poñer en práctica todas as competencias adquiridas nas distintas materias do máster.
Para a avaliación das Prácticas en Empresa”, o Titor/a profesional emitirá un informe confidencial (non vinculante), no que valore o grao de cumprimento do estudante nas prácticas (e.g. actitude e interese nas tarefas desenvolvidas, aplicación de coñecementos e competencias adquiridos na formación académica, desenvolvemento de habilidades e espírito de cooperación). O Titor/a Académico realizará a avaliación final baseándose na memoria elaborada polo estudante e unha entrevista; se poderá ter en conta o informe do titor externo para o cálculo da nota final ata un 60%.