ECTS credits ECTS credits: 9
ECTS Hours Rules/Memories Student's work ECTS: 205.5 Hours of tutorials: 14 Interactive Classroom: 5.5 Total: 225
Use languages Spanish, Galician
Type: End of master’s Degree Project RD 1393/2007 - 822/2021
Departments: Applied Physics, Botany, External department linked to the degrees, Functional Biology, Zoology, Genetics and Physical Anthropology
Areas: Applied Physics, Botany, Área externa M. U. en Biodiversidad Terrestre: Caracterización, Conservación y Gestión, Ecology, Zoology
Center Faculty of Biology
Call: End of Degree Projects and End of Master's Degree Projects
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
D. ........................., Días .........., de HH:MM a HH:MM no despacho ....... do departamento de ....................
- Proceso de plantexamento, desenvolvemento e defensa dun proxecto profesional ou científico-académico.
- Planificación e realización de tarefas.
- Interpretación e síntese dos resultados nunha memoria.
BASICAS:
- Adquirir capacidade de análise sobre a situación actual e prospectiva da caracterización, conservación e xestión do medio natural.
- Valorar a importancia do enfoque interdisciplinar na resolución de problemas mediambientais.
- Utilizar terminoloxía científico-técnica axeitada á análise da biodiversidade e os hábitats.
- Redactar e defender informes profesionais e documentos científicos, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita
XERAIS
Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo.
Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na titulación nunha contorna profesional, expoñendo e argumentando as ideas de maneira clara, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
Saber recompilar información sobre temas de interese do ámbito ambiental, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre os mesmos, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado co ámbito ambiental, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de maneira clara e precisa coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos aspectos ambientais.
TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e de síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, conciso e coherente.
Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
ESPECÍFICAS
- Aplicar as destrezas e coñecementos adquiridos no conxunto do máster, á resolución dos conflitos potenciais, entre a preservación da biodiversidade e dos hábitats e as actividades desenvolvidas no medio natural.
- Coñecer o procedemento de prospección bibliográfica, deseño experimental, manexo das técnicas e instrumental, traballo de campo, tratamento dos datos e redacción e exposición dos resultados dun estudo científico técnico relacionado coa caracterización, conservación e xestión do medio natural.
Seguiranse as metodoloxías xerais do máster
cada ano definirase unha Comisión Avaliadora, específica para cada área temática, formada por 3 profesores do máster, elixidos pola Comisión de Coordinación, á cal elabora os criterios de avaliación. Brevemente, a avaliación do TFM de cada alumno realizarase tendo en conta a calidade e presentación do traballo escrito (50%) e a calidade da exposición, defensa e argumentación nas súas respostas as preguntas da Comisión (50%).
Clases interacticas, titorias e presentación do TFM: 90 h
Estudo persoal do alumnado: 60 h.
Total horas traballo: 150 h.
A elección do tema do TFM pódese realizar mediante dúas modalidades e farase o comezo do terceiro semestre.
Modalidade A
O alumno/a pode elixir o tema mediante acordo directo cun profesor do máster que será o titor do TFM.
Modalidade B:
O alumno/a pode elixir o tema da lista proposta pola comisión académica do máster. A prelación do alumnado, de ser necesario facerse, realizarase en base á nota media obtida nos semestres cursados.