Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas.
-
COÑECERMOS O PROTOCOLO EN VIGOR NA USC, A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN RAZOADA E DA RESOLUCIÓN DE EVENTUAIS DÚBIDAS.
-
REFLEXIONARMOS SOBRE AS CAUSAS SOCIAIS, POLÍTICAS E ÉTICAS QUE XUSTIFICAN A APARICIÓN DUNHA SENSIBILIDADE SOBRE O XÉNERO QUE LOITA POLOS DEREITOS DUN COLECTIVO DENTRO DA COMUNIDADE.
-
COÑECERMOS OS PRINCIPAIS RECURSOS PARA INCORPORAR UNHA LINGUAXE INCLUSIVA, PARA ALÉN DE TENTAR RESOLVER A ANSIEDADE QUE, COMO FALANTES, PODEN PRODUCIRNOS ESES NOVOS MODELOS.
-
María Teresa Moure Pereiro. Dpto. de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral. USC
-
Carla Romero Álvarez. Investigadora na área de Filosofía do Dereito da Facultade de Dereito. USC