Pasar al contenido principal

Curso básico en ferramentas de apoio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365

  • 2022/2023

A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.