A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
-
A AULA VIRTUAL
- Organización e estrutura dunha aula virtual.
- Recursos básicos de uso xeral na aula virtual
- Xestión de grupos, restricións e informes
-
FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN
- Foros de avisos
- Listas de distribución con Microsoft Outlook
- Xestión de videoconferencias con Microsoft Teams
-
FERRAMENTAS PARA A ENTREGA DE TAREFAS
- Tarefas
- Obradoiros
-
FERRAMENTAS PARA O TRABALLO COLABORATIVO
- Foros
- Enquisas
- Wikis
- Creación colaborativa de documentos con Microsoft OneDrive
- Salas de reunión con Microsoft Teams
- Xestión de tarefas pendentes con Microsoft To Do e Planner
-
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
- Creación e xestión de cuestionarios
- Creación de formularios con Microsoft Forms
- Configuración do libro de cualificacións
Alejandro Nieto