Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administradopor Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto. Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral. A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análisede datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e aadaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datosinstitucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.
-
INTRODUCIÓN A PYTHON, E/S BÁSICA
- Instalación da contorna de traballo
- Visualización mensaxes por consola (print)
- Introdución de texto por teclado (input)
-
VARIABLES E TIPOS DE DATOS
- Declaración de variables
- Tipos de datos: enteiros, coma flotante, texto, booleanos
- Conversións entre tipos de datos
- Formato de cadeas de caracteres, redondeo de cifras
- Operadores matemáticos
- Exercicios prácticos
-
CADEAS DE CARACTERES E TIPOS DE DATOS ABSTRACTOS
- Indexación
- Extracción de subcadeas
- A clase str
- Listas e tuplas
- Diccionarios
- Conxuntos (set)
- Exercicios prácticos
-
CONTROL DO FLUXO DO PROGRAMA
- Operadores de comparación
- Operadores lóxicos
- Estrutura condicional (if-elif-else)
- Bucles (for, while)
- Rangos
- Funcións de procura e transformación de secuencias: sum, min, max, filter, map
- Xeración de números pseudoaleatorios
- Comprensión de listas
- Exercicios prácticos
-
FUNCIÓNS
- Definición e invocación de funcións
- Métodos de axuda e documentación
- Funcións recursivas
- Argumentos variables: *args, *kwargs
- Exercicios prácticos
-
MANIPULACIÓN DE FICHEIROS
- Apertura e peche de ficheiros
- Lectura e escritura secuencial de datos en ficheiros
- Exercicios prácticos
-
INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN ORIENTADA A OBXECTOS
- Definición de clases
- Atributos e métodos
- Herdanza
- Polimorfismo
- Métodos especiais
- Exercicios prácticos
-
PAQUETES DE TERCEIROS
- O índice de paquetes de Python (PyPI)
- Instalación de paquetes de terceiros
- Exposición dalgúns dos paquetes máis utilizados para a ciencia de datos e o desenvolvemento de aplicacións
Jairo Chapela Martínez,CIXUG