Pasar al contenido principal

Obradoiro de elaboración de unidades didácticas en galego

  • 2022/2023

Curso interdisciplinar de formación de profesorado para a elaboración e edición de unidades didácticas para a docencia universitaria. Trátase de promover o uso e a actualización de recursos técnicos e metodolóxicos para a elaboración de materiais docentes de calidade. Para iso ponse á disposición dos profesores as ferramentas específicas para a execución do propio traballo e ofrécese asesoramento personalizado tanto do punto de vista lingüístico coma didáctico. Impartiranse contidos de didáctica, editoriais, lingua e lexislación, de acordo cun modelo de unidade didáctica na primeira quenda de sesións telepresenciais. A seguir, cada asistente elaborará unha unidade didáctica dalgunha das materias que imparta, no marco dun proxecto docente, co apoio do profesorado do curso, mediante titorías virtuais individuais e en grupo. Ao final realizarase unha posta en común de todas as unidades nas sesións presenciais do mes de xuño. Por último todas as unidades terán un proceso de revisión co obxecto de deixalas listas para a súa publicación posterior.