Trátase dunha acción formativa para reflexionar acerca da importancia da diversidade lingüística e cultural, a cal necesita da preservación e potenciación da lingua galega. Consecuentemente, estudarase a situación da nosa lingua e analizaremos como contribuír á súa mellora no ámbito docente dende as diversas sensibilidades e con coñecemento do marco legal, así como a establecer unha conduta lingüística propia e mantela de xeito respectuoso e asertivo.
-
A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS EN GALICIA E NA USC
- Relación entre diversidade natural, cultural e lingüística.
- Datos sobre a diversidade lingüística e a situación do galego.
- Os prexuízos lingüísticos que nos afectan e as condutas lingüísticas máis habituais, con análise en particular da confluencia lingüística neste marco.
-
O MARCO LEGAL PARA AS LINGUAS NA DOCENCIA UNIVERSITARIA.
- O marco legal da docencia universitaria: dereitos e deberes lingüísticos.
- A(s) lingua(s) das aulas, dos materiais docentes, dos exames, dos programas e das programacións.
- A(s) lingua(s) do PDI e dos estudantes (nativos e de fóra).
-
CONDUCTAS ASERTIVAS. SITUACIÓNS INCÓMODAS. BOAS PRÁCTICAS.
- Revisión das actitudes lingüísticas en Galicia. A converxencia lingüística como conduta de submisión. Consecuencias
- Estrés lingüístico
- Fundamentos para a intervención: a consciencia lingüística
- Como elixir unha actitude lingüística e mantela
- Comportamento lingüístico asertivo
-
Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da USC
-
Manuel Bermúdez Blanco, técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC
-
Xusto Rodríguez Río, técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC