Pasar al contenido principal

Xestión de documentos na nube con OneDrive

  • 2023/2024

A nube da USC, baseada en Microsoft 365, inclúe entre os seus aplicativos a Microsoft OneDrive. Trátase dun servizo que permite almacenar ficheiros na nube e mantelos sincronizados entre diversos dispositivos, como ordenadores, portátiles ou dispositivos móbiles. Tamén permite compartir os ficheiros con outras persoas e traballar de forma colaborativa. Estas características eliminan a necesidade de realizar duplicados e xestionar diferentes versións dos mesmos. Neste curso realizarase un percorrido guiado por Microsoft OneDrive, expoñendo as súas funcionalidades, introducindo o seu funcionamento xeral e aportando recomendacións para o uso eficiente e seguro da documentación en liña.