Pasar al contenido principal

O último filme da catedrática da USC Margarita Ledo proxéctase no Salón Teatro

A catedrática de Comunicación Audiovisual da USC Margarita Ledo presenta este domingo 27 ás 18.00 horas e o luns 28 de outubro ás 20.30 no Salón Teatro a súa nova película ‘A Cicatriz Branca’, na que trata a temática das mulleres que emigraron soas na primeira metade do século XX. O filme culmina un traballo de investigación iniciado co documental ‘Apuntamentos para un filme’ onde se recollen diversas testemuñas de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para as personaxes da película.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2013.