Pasar al contenido principal

O grupo de Proxectos e Planificación da USC prevé desenvolver e apoiar investigacións do Center for Water Resources da India

Os inviestigadores do Center for Water Resources da India Arunbabu Elangovan e Ramji Vaidhyanathan, xunto co profesor da Politécnica Javier Cancela
Os inviestigadores do Center for Water Resources da India Arunbabu Elangovan e Ramji Vaidhyanathan, xunto co profesor da Politécnica Javier Cancela
Dous profesores da Anna University completan este mes unha estancia na Escola Politécnica Superior, logo de ser convidados polo grupo de investigación Proepla

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe o catedrático Carlos J. Álvarez López, prevé desenvolver e no seu caso apoiar diferentes liñas de investigación nas que está a traballar o Center for Water Resources da India, dependente da Anna University, segundo sinalou o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo Javier Cancela.

Este investigador do grupo Proxectos e Planificación da USC, que está a acompañar a Arunbabu Elangovan e Ramji Vaidhyanathan, dous profesores Anna University, da India, durante a súa estadía na institución académica compostelá, sinalou que unha das pretensións deste primeiro intercambio é a que atinxe ás pretensións do Proepla de reforzar a dimensión internacional dos seus traballos de investigación, sobre todo naquelas liñas nas que tamén está a desenvolver o Center for Water Resources. Os investigadores do Center for Water Resources da India están a desenvolver liñas de traballo orientadas a reducir a cantidade de auga empregada para producir un arroz de calidade a través da implementación de diferentes estratexias de rego con sistemas de rego localizado, a diferenza do clásico sistema de rego por inundación. Este campo de traballo, no que o Proepla conta con ampla experiencia, podería deparar a colaboración deste grupo da Universidade de Santiago co cetro da India, segundo indica Cancela. Outras das posibilidades de colaboración entre este grupo de investigación da Escola Politécnica Superior de Lugo e o Center for Water Resources da India son as que atinxen á implantación de calendarios de rego, xunto coa modelización das necesidades hídricas de cultivos, en particular de cultivos comúns como o millo ou tamén de cultivos específicos desta rexión asiática, tal é como é o caso do arroz.

Este primeiro contacto entre a Anna University e a Universidade de Santiago podería dar tamén pé a unha relación máis estable entre as dúas institucións académicas, que, a medio prazo, incluso poderían formalizar acordos para o intercambio estable de estudantes, profesores e investigadores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.07.2013.