O Consello Social presenta o volume cos discursos do anterior reitor da USC, Senén Barro Ameneiro
O Consello Social presenta o volume cos discursos do anterior reitor da USC, Senén Barro Ameneiro
Como fixera no seu momento cos discursos dos anteriores reitores, os profesores Ramón Villares e Darío Villanueva, o Consello Social da USC acaba de editar un novo volume cos textos do profesor e tamén ex reitor Senén Barro Ameneiro. O volume Campus Vida: Da virtude necesidade presentarase publicamente este mércores 23 ás 12:00 horas no Salón de Actos do Consello Social (Casa da Concha , Rúa da Conga nº 1). Ademais do propio Senén Barro, na presentación intervirán o presidente do Consello Social, Manuel Puga, e o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González.