Pasar al contenido principal

Roger Penrose recolleu o IV Premio Fonseca

Roger Penrose recolleu o IV Premio Fonseca
Roger Penrose recolleu o IV Premio Fonseca

O físico matemático Roger Penrose (Inglaterra, 1931) recolleu este mércores en Compostela o IV Premio Fonseca de divulgación científica que conceden o Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago. O Auditorio de Novagalicia Banco quedou pequeno para albergar a todas as persoas interesadas en asistir á cerimonia de entrega e á posterior conferencia do científico ‘Mirando a través do Big Bang­ cara a ­outro mundo’. O acto oficial contou coa participación do reitor da USC, Juan Casares; do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa; e do profesor da USC e responsable de ConCiencia, Jorge Mira, que volveron incidir na multidisciplinariedade da carreira de Penrose así como no carácter internacional da súa figura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2011.