Roger Penrose recolleu o IV Premio Fonseca
O físico matemático Roger Penrose (Inglaterra, 1931) recolleu este mércores en Compostela o IV Premio Fonseca de divulgación científica que conceden o Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago. O Auditorio de Novagalicia Banco quedou pequeno para albergar a todas as persoas interesadas en asistir á cerimonia de entrega e á posterior conferencia do científico ‘Mirando a través do Big Bang cara a outro mundo’. O acto oficial contou coa participación do reitor da USC, Juan Casares; do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa; e do profesor da USC e responsable de ConCiencia, Jorge Mira, que volveron incidir na multidisciplinariedade da carreira de Penrose así como no carácter internacional da súa figura.