Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC
O Consello Social da USC celebrará este xoves 28 unha xuntanza do seu pleno a partir das 16:30 horas na súa sede na Casa da Concha. Logo da ratificación dos acordos adoptados na Comisión Executiva do pasado 21 de marzo, o pleno tratará o informe sobre a creación do Grao en Pequenas e Medianas Empresas, e a probación da transformación da Escola de Óptica e Optometría en Facultade, da participación da USC na Fundación CETEMAS e da integración da Facultade de Ciencias da Comunicación na Asociación de Universidades con Estudos de Comunicación. A orde do día da xuntanza inclúe ademais a aprobación da modificación de másteres oficiais, de doazón a favor da USC e de taxas de posgraos propios, así como o informe de modificación da RPT de PDI, información sobre convenios da USC e a elección de membros do Consello Social nas comisións de Mecenado, de Relacións Internacionais e de Calidade do Consello de Goberno da USC.