Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://assets.usc.gal/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Unha tese sobre a utilización de lodos de bauxita na inactivación de residuos tóxicos acada un premio nacional

O bolseiro David Rubinos González, do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, acaba de acadar o premio á mellor tese de doutoramento de 2008 concedido pola Asociación para a Investigación e Desenvolvemento Industrial dos Recursos Naturais (AITEMIN), na que se atopan integradas empresas como Hunosa, Enresa ou Endesa, entre outras.
A tese de Rubinos González versou sobre ‘Utilización de lodos de bauxita na contención e inactivación de residuos tóxicos e perigosos’ e estivo dirixida pola profesora Mª Teresa Barral e o profesor Francisco Díaz-Fierros nos laboratorios da Facultade de Farmacia.
O premio, de carácter estatal e dotado con 6.000 euros, está encadrado na categoría explotación, valoración, conservación, aproveitamento, restauración e reciclado dos recursos naturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2009.