Pasar al contenido principal

O Pleno do Consello Social reúnese este mércores

O Pleno do Consello Social reúnese este mércores

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este mércores 24 na súa sede da Casa da Concha (Rúa da Conga, nº 1) a partir das 17:00 horas para tratar, entre outros asuntos, o informe sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente e Investigador.
Na mesma xuntanza elixiranse aos representantes do Consello Social na Comisión encargada de elaborar o segundo documento do Plan Estratéxico Horizonte 2010-2015 e na de avaliación de sustentabilidade da Escola Politécnica Superior de Lugo. Ademais, presentaranse informes sobre o Espazo Europeo de Educación Superior e sobre a Investigación na USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2022.