Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC
Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC
O Pleno do Consello Social da USC celebrará este martes 23 unha xuntanza que vai tratar entre outros asuntos o informe sobre a creación de novos títulos adaptados ao EEES ou a modificación das relacións de postos de traballo do PAS e do PDI. A reunión celebrarase a partir das 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa da Concha (r/ da Conga, 1).
O órgano colexiado tamén someterá a aprobación a cesión de uso de material e as tarifas do RIAIDT para o ano 2010, transferencias de crédito e información sobre convenios da Universidade.