Pasar al contenido principal

O Consello Social da USC reúnese nun pleno extraordinario

O Consello Social da USC reúnese nun pleno extraordinario

O Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este martes, día 6, a partir das 17:00 horas no Salón de Plenos do propio Consello, para tratar, entre outros asuntos, o informe sobre a modificación da relación de postos de traballo do Persoal Docente e Investigador.
Na xuntanza someterase tamén a aprobación os criterios de xestión de espazos da USC, a convocatoria da Escola Infantil Breogán para o vindeiro curso, a modificación de Másters Oficiais, as taxas de cursos de posgrao propios, as cesións de uso de material e as transferencias de crédito de gastos de capital.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2022.