Pasar al contenido principal

O Pleno do Consello Social reunirase este mércores no Colexio de San Xerome

O Pleno do Consello Social reunirase este mércores no Colexio de San Xerome

O pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela reunirase este mércores 24 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, nunha sesión que comezará ás 16:00 horas.
Na xuntanza tratarase a aprobación da participación da USC no Centro Tecnolóxico de Eficiencia Enerxética, o informe de modificacións puntuais da relación dos postos de traballo de Persoal de Administración e Servizos, a modificación de Programas Oficiais de Posgrao, o informe sobre a creación de titulacións de grao ou a proposta de concesión do honoris causa a Jacques Delors.
Outros puntos que se inclúen na orde do día son a modificación da lista de prelación da distribución das bolsas de colaboración do Ministerio de Educación para o curso 2008-2009 destinadas a iniciar nas tarefas de investigación aos alumnos de último curso de segundo ciclo que presten a súa colaboración nun Departamento, a convocatoria de concurso público das auditorías da USC e sociedades mercantís dos exercicios económicos 08-09 ou a aprobación da proposta de asignación de complementos retributivos.
Entrega de placasCon anterioridade ao inicio desta xuntanza, os integrantes do Consello Social participarán no Colexio de Fonseca nun xantar no que se lle entregará unha placa conmemorativa a Francisco Vázquez, Enrique Sande e José Gabriel Barreiro en recoñecemento a súa contribución e dedicación ao órgano colexiado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2022.