Pasar al contenido principal

José Antonio Caride, nomeado Vogal Académico do Pleno da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora

Caride é autor de máis de 400 publicacións en libros, monografías e revistas especializadas, alén de coordinar o grupo de investigación da USC en Pedagoxía Social e Educación Ambiental
Caride é autor de máis de 400 publicacións en libros, monografías e revistas especializadas, alén de coordinar o grupo de investigación da USC en Pedagoxía Social e Educación Ambiental
Este órgano pertence á Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), responsable de realizar a avaliación da actividade investigadora a efectos do recoñecemento dos correspondentes complementos retributivos
Santiago de Compostela

O catedrático da USC José Antonio Caride acaba de ser nomeado Vogal Académico do Pleno da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CENEAI), pasando a formar parte do Pleno deste órgano da Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) responsable de realizar a avaliación da actividade investigadora a efectos do recoñecemento dos correspondentes complementos retributivos.

Caride é autor de máis de 400 publicacións en libros, monografías e revistas especializadas, alén de coordinar o grupo de investigación da USC en Pedagoxía Social e Educación Ambiental. Os seus proxectos de investigación teñen abordado os tempos escolares e os tempos de ocio na vida cotiá da infancia e a adolescencia, así como os procesos de conciliación da escola, a vida familiar e laboral. Entre outros recoñecementos, no ano 2004, en Chile, foille concedida a Orde ao Mérito Institucional do Consello Mundial da Educación. O seu  artigo ‘Lo que el tiempo esconde, o cuando lo social necesita de la pedagogía’ foi recoñecido como mellor artigo publicado en castelán, ao longo de 2018, en revistas científicas do eido da Educación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.01.2021.