Pasar al contenido principal

'Encontros de Lúa Chea'

A innovación cooperativa no medio rural, a debate na EPS de Enxeñaría

29/3/2022 - 12.00 horas

O gandeiro da cooperativa A Carqueixa David Pérez, o coordinador do Lugar da Veiga, Xosé Lois Lamazares, e o socio da Sociedade Cooperativa Galega Amarelante, Óscar Freire, intervirán como relatores na sesión promovida polo colectivo universitario Proxéctate en Galego

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A innovación cooperativa centrará o martes 29 de marzo a temática da sesión dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un ciclo de análise e debate sobre temas de actualidade promovido polo colectivo Proxéctate en Galego, no que participa a Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría e o grupo de innovación docente Ruralia da USC.

A xornada, que pon o foco nas empresas da economía social, dada a súa importancia en cuestións ligadas á contribución desenvolvemento local, xerar valor social, promover a igualdade de oportunidades... desenvolverase a partir das 12.00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

A palestra de relatores convidados a tomar parte neste foro de debate estará formada polo coordinador do Lugar da Veiga, Xosé Lois Lamazares, quen falará do traballo que desenvolve a sociedade laboral afincada en Chantada que, sobre todo é coñecida polas súas ‘Galletas Mariñeiras’. O gandeiro da Cooperativa A Carqueixa David Pérez dará conta neste foro do labor de cría de carne de vacún en extensivo e da comercialización súa carne a través de Internet e dunha tenda física na capital luguesa. O socio da SCG Amarelante Óscar Freire explicará tamén nos ‘Encontros de Lúa Chea’ o traballo que desenvolve esta cooperativa de Manzaneda a prol da recuperación dos soutos, así como da comercialización de produtos baixo o selo ‘Castaña de Galicia’.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2022.