Pasar al contenido principal

Química olímpica na USC

Foto de familia coas persoas gañadoras en primeiro termo.
Foto de familia coas persoas gañadoras en primeiro termo.
Co gallo do centenario dos estudos relativos a este eido, a institución compostelá acolleu a trixésimo quinta edición da Olimpíada Nacional de Química na que participaron máis de 100 estudantes
Santiago de Compostela

A Olimpíada Nacional de Química chegou esta fin de semana na USC á súa trixésimo quinta edición coa vontade de estimular o alumnado de ensino secundario  para buscar a excelencia neste eido e promover a relación entre estudantado, profesorado e persoal científico de distintas partes do mundo. O reitor Antonio López interveu no acto de clausura que serviu de marco para a entrega de diplomas aos mozos e mozas participantes, así como para a concesión de medallas ás persoas vencedoras. Un total de 113 alumnos procedentes de todo o Estado participaron na Olimpíada.

Nesta edición, os e as participantes distinguidos coas Medallas de Ouro e Premios Nacionais foron por orde de clasificación: Pablo Faus, do IES María Enríquez de Gandía (Valencia); Álvaro Salazar do Colegio Retamar de Pozuelo de Alarcón (Madrid); Pau Moliner do IES Vicent Sos Baynat de Castellón de la Plana; Marcos Bautista do Colegio Retamar Pozuelo de Alarcón (Madrid); Gonzalo Sastre do Colegio Retamar de Pozuelo de Alarcón (Madrid); Álvaro de Irízar do IES Benjamin de Tudela (Navarra); Marcos Batalla da Escola Pia de Mataró (Barcelona); Jaime Pulido do Centro Escolar Amanecer de Alcorcón (Madrid); Abel Salinas de Aula Escola Europea de Barcelona e Jorge Bonifaz do IES Campanar de Valencia.

Ademais do reitor, o acto contou coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a directora xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, Leticia de Frutos Sastre; o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Lobos; o presidente da Real Sociedade Española de Química, Antonio M. Echavarren;  o presidente da Conferencia Española de Decanos de Química, Manuel Chicharro Santamaría; o presidente da Sección Territorial de Galicia da RSEQ e a presidenta do comité organizador da Fase Nacional da Olimpíada e ex-decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera.

A Facultade de Química acolleu do 6 ao 8 de maio, a última fase da Olimpíada Nacional de Química, un evento organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Real Sociedade Española de Química, que ademais enmárcase no programa de actividades que conmemoran o centenario dos estudos nesta área da Universidade de Santiago de Compostela. No marco deste certame, desenvolveuse tamén o XIII Encontro Nacional de Docentes de Química e a exposición Mulleres na Química.

O acto estivo presidido polo reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
O acto estivo presidido polo reitor Antonio López. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2022.