Pasar al contenido principal

A EPS de Enxeñaría simboliza a “sombra proveitosa” de Antonio Rigueiro coa plantación dunha sobreira na Valgada do Campus

Antonio Rigueiro e profesorado da EPS de Enxeñaría, arredor da sobreira plantada na Valgada do Campus
Antonio Rigueiro e profesorado da EPS de Enxeñaría, arredor da sobreira plantada na Valgada do Campus
Unha nutrida representación de docentes do centro universitario lugués arroupa ao catedrático da área de Produción Vexetal na plantación desta especie arbórea (Quercus suber L) da familia do carballo, logo do seu recoñecemento coa Insignia de Ouro da USC
Lugo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC simboliza coa plantación dunha sobreira na Valgada do Campus a “proveitosa sombra” e os “moitos froitos” dados o centro universitario lugués polo catedrático da área de Produción Vexetal Antonio Rigueiro, recentemente distinguido coa Insignia de Ouro da USC.

A plantación desta especie arbórea (Quercus suber L) da familia do carballo, aínda que de folla perenne, contou coa participación dunha nutrida representación de docentes e investigadores do centro universitario lugués, que renderon así a súa particular homenaxe ao profesor Antonio Rigueiro, quen, ao remate do presente curso, acada a condición de emérito despois de desenvolver unha prolífica actividade científica e académica durante os últimos sete lustros na EPS de Enxeñaría da USC.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.07.2022.