Consello Social e Alumni USC convocan unha nova edición do premio Humanitas
O Consello Social e Alumni USC acaban de convocar unha nova edición do premio Humanitas 2022, coa finalidade de recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións implicadas en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade.
As candidaturas para o premio Humanitas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 18 de novembro de 2022. Membros do Consello Social, de xeito individual ou colexiado; membros de Alumni-USC, tamén de xeito individual ou colexiado; e membros da Comunidade Universitaria poden presentar as devanditas candidaturas de acordo cos requirimentos establecidos no texto da convocatoria.