Pasar al contenido principal

O LaboraTe da USC reúne medio cento de persoas no Cactus de Lugo nun foro técnico sobre mobilidade das terras en Galicia

Ónega López, na súa intervención na xornada técnica sobre ferramentas de mobilidade de terras en Galicia
Ónega López, na súa intervención na xornada técnica sobre ferramentas de mobilidade de terras en Galicia
A xornada organizada en colaboración coa Xunta de Galicia sirve para dar visibilidade a proxectos pioneiros e aplicacións informáticas acaídas para a xestión dos territorios

O Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC e a Oficina Agraria Comarcal de Lugo dependente da Consellería de Medio Rural congregaron no edificio Cactus do campus de Lugo preto de medio centenar de participantes nunhas xornadas técnicas e de transferencia d coñecemento arredor da mobilidade das terras en Galicia.

Unha reflexión colectiva sobre as necesidades de terra como base territorial abriu o programa desta xornada, no marco da que o técnico de apoio á investigación do LaboraTe Francisco José Ónega López explicou algunha das singularidades do funcionamento do banco de terras, mentres que, de seguido, María López Folgueira afondou sobre cuestións relativas á reestruturación parcelaria e ás permutas.

A presentación e posta en común de diversos proxectos pilotos relacionados coa mobilización das terras, tal e como o son as iniciativas Mobilízate, o proxecto Marcos ou mesmo a ferramenta informática para a agrupación de parcelas deseñada por Jorge Parapar completaron o programa matinal. O obradoiro Agrupa, no que os participantes tiveron oportunidade de explorar as potencialidades das ferramentas informáticas de agrupación de parcelas, deu continuidade á xornada en quenda de tarde.

Participantes na xornada organizada no Cactus de Lugo polo Laborate da USC e a Oficina Agraria Comarcal de Lugo

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2018.