Pasar al contenido principal
Nesta actividade ofrécese ós estudantes de Ensino Medio unha oportunidade de contacto coa Universidade, visitando os centros dos Campus de Lugo e Santiago para recibir información directa dos estudos que organizan.
Programa A Ponte 2023-24

Curso 2024/2025 

Tanto para o Campus de Lugo como para o de Santiago cada estudante pode elixir un único percorrido dos ofertados. Cada estudante pode escoller o percorrido que máis lle interese, sen ter que ir toda a clase xunta.

Nos formularios de inscrición, cada centro de Ensino Medio debe indicar os datos do centro e dunha persoa acompañante así como o día da visita e o número de estudantes de cada percorrido (Cada estudante debe ir ao percorrido para o que se anotou).

Nalgún caso existe a posibilidade de elixir un percorrido con un único centro (Facultade ou Escola) ou elixir un percorrido dese centro en combinación con outro.

PERCORRIDOS DOS ENCONTROS NA ZONA USC 2025

Campus de Santiago (Campus Norte. Saída da residencia universitaria Burgo das Nacións ás 10:30h.):


Perc.01.- Facultades de Xeografía e Historia / Fac. de Filosofía
Perc.02.- Escola Universitaria de Traballo Social /Fac. de Ciencias da Educación (todas as titulacións do Campus Norte e Sur) 
Perc.03a.- Fac. Enfermería / Fac. de Medicina se as obras o permiten (Grao en Medicina)
Perc.03b.- Fac. de Medicina se as obras o permiten (Grao en Odontoloxía) / Fac. Enfermería
Perc.04.- Fac. de Ciencias da Comunicación / Fac. de Filoloxía
Perc.05.- Fac. de Ciencias Económicas e Empresariais


Campus de Santiago (Campus Vida. Saída da residencia universitaria Monte da Condesa ás 10:30h.):


Perc.06.- Fac. de Dereito / Fac. de Relacións Laborais
Perc.07.- Fac. de Dereito / Fac. de Ciencias Políticas e Sociais
Perc.08.- Fac. Bioloxía / Fac. de Farmacia
Perc.09.- Fac. Óptica e Optometría / Fac. de Farmacia
Perc.10.- Fac. Matemáticas / Fac. de Física
Perc.11.- Fac. de Física / Fac. de Química
Perc.12.- Fac. de Química / E.T.S. Enxeñaría (Enxeñaría Química) 
Perc.13a.- E.T.S. Enxeñaría (Enxeñaría Informática) / Fac. Matemáticas
Perc.13b.- E.T.S. Enxeñaría (Enxeñaría Informática e Intelixencia Artificial)
Perc.14.- Fac. Ciencias da Educación (todas as titulacións do Campus Norte e Sur) / Fac. Psicoloxía
Perc.15.- Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Campus de Santiago (Visitas de tarde, ás 15:30 horas)


Residencia Universitaria Monte da Condesa
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
 

Campus de Lugo

(publicaranse próximamente)

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2025.