Convocatoria 2024/2025
Este curso está enmarcado no Artigo 10.9.c) do Real Decreto 822/2021, con un recoñecemento de seis créditos en base a un acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2024, desenvolto pola Resolución Reítoral do 5 de febreiro de 2025.
Este curso desenvólvese ó longo de dous cursos académicos:
- Un primeiro curso teórico no que se da información completa sobre a USC e formase ao estudantado nas técnicas precisas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso na USC.
- No segundo curso o estudantado dá acollida os estudantes de novo ingreso exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, nas visitas guiadas que o estudantado de secundaria realiza ás instalacións de USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio que lle sexan encomendadas dende o seu centro ou polos Coordinadores do Programa "A Ponte", que tamén actuarán como coordinadores deste Programa de Titores.
As clases do primeiro curso serán do día 10 de marzo ao 27 de marzo, de luns a xoves en horario de 20: 15 a 21 :45 horas.
Para poder participar neste programa, os/as estudantades deberán ter superado, como mínimo, 30 créditos.
As solicitudes, dirixidas ao Decano/a ou Director/a, presentaranse nos decanatos ou direccións dos respectivos centros.
Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós, a través do correo electrónico aponte [at] usc.es (aponte[at]usc[dot]es).
Para este curso, o prazo de solicitude vai do 13 ao 24 de febreiro de 2025.
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pabellón de Estudiantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal