O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” inclúe entre as súas actividades as “Charlas dirixidas ás Nais e Pais do alumnado de Ensino Medio de Galicia”.
Estas charlas informativas, ás que pode asistir calquera persoa que o desexe consiste nunha Charla-Coloquio na que un representante da USC fai unha presentación sobre o que é e o que quere ser esta Universidade que está a punto de cumprir 525 anos de Historia.
A exposición dura entre 50 e 60 minutos e vai seguida dun coloquio no que o público asistente pode formular as preguntas que desexe.
Estas charlas tamén se ofertan a calquera outro colectivo que o solicite.
Neste caso, o mellor é poñerse en contacto directamente co persoal do Programa “A Ponte” para concretar os detalles da visita.
Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós, a través do correo electrónico aponte [at] usc.es (aponte[at]usc[dot]es).
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pabellón de Estudiantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal