Pasar al contenido principal

Xornada sobre inserción laboral na Axencia Tributaria na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
O foro de emprego desenvolverase este mércores 13 de marzo, a partir das 12.00 horas, no Salón de Graos do centro. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

A Área de Orientación e Inserción Laboral da USC organiza o mércores 13 de marzo, ás 12.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo unha xornada de orientación e inserción laboral na Axencia Tributaria.

Este foro de emprego, promovido a iniciativa da delegación luguesa da Axencia Tributaria, antóllase como unha oportunidade para que estudantes e titulados do campus de Lugo, así como o resto de membros da comunidade universitaria acaden máis información respecto das posibilidades de emprego e das vías de inserción laboral que ofrece a AEAT.

A xornada, de acceso libre e de balde ata completar o aforo, comezará cunha intervención de Carlos Eduardo Villa Pillado, enxeñeiro agrónomo do Estado e xefe de área de Inspección de Rústica, que afondará nos nichos de emprego que advirte no seu ámbito de traballo. Do mesmo xeito, Fernando Soler Pareja, interventor territorial de Lugo, e a delegada da AEAT en Lugo, María Elena Rosendo Vázquez, tamén achegarán máis información respecto das oportunidades laborais e das saídas profesionais que permite a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2019.