Pasar al contenido principal

Óscar Rivero Salgado obtén o premio Vicent Caselles de Investigación Matemática

Óscar Rivero, natural de Xinzo de Limia, foi catro anos consecutivos membro do equipo galego na olimpíada matemática española e tres veces membro do equipo español nas olimpíadas matemáticas internacionais
Óscar Rivero, natural de Xinzo de Limia, foi catro anos consecutivos membro do equipo galego na olimpíada matemática española e tres veces membro do equipo español nas olimpíadas matemáticas internacionais
A través deste galardón convocado pola Real Sociedade Española de Matemáticas, en colaboración coa Fundación BBVA, recoñécese a creatividade, orixinalidade e logro no ámbito das matemáticas nos primeiros anos da profesión científica
Santiago de Compostela

Óscar Rivero Salgado acaba de gañar un dos Premios Vicent Caselles de Investigación Matemática que convoca anualmente a Real Sociedade Española de Matemáticas (RSME), en colaboración coa Fundación BBVA, a nivel estatal para menores de 30 anos. Con eles recoñécese a creatividade, orixinalidade e logro no ámbito das matemáticas nos primeiros anos da profesión científica, e favorecen a súa continuidade, co fin de servir de estímulo a quen desenvolve o seu labor profesional na investigación.

Óscar Rivero, natural de Xinzo de Limia, foi catro anos consecutivos membro do equipo galego na olimpíada matemática española e tres veces membro do equipo español nas olimpíadas matemáticas internacionais. Graduouse en Matemáticas e en Enxeñaría Física pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), onde tamén se doutorou. Foi investigador posdoutoral na Universidade de Warwick (Reino Unido) e no Simons Laufer Mathematical Sciences Institute de Berkeley (California, Estados Unidos). A súa investigación desenvólvese na teoría de números e, concretamente, na aplicación dos sistemas de Euler á teoría de Iwasawa e aos grupos de Selmer. Recentemente gañou unha praza de profesor axudante doutor no Departamento de Matemáticas da USC á que se incorporará no curso 2023-24.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2023.