O Regulamento de Normas de Convivencia da USC desenvolve e concreta as bases de convivencia establecidas na Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, coa finalidade de favorecer o entendemento, a convivencia pacífica e o pleno respecto dos valores democráticos, os dereitos fundamentais e as liberdades públicas no ámbito universitario. O regulamento establece o réxime disciplinario do estudantado. Está norma compleméntase con o Código ético da USC, o protocolo de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo ou o de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2023.