Pasar al contenido principal

Aberto ata o 24 de novembro o prazo para a presentación de candidaturas do Premio Humanitas

As solicitudes presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social.  FOTO: Santi Alvite
As solicitudes presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social. FOTO: Santi Alvite
O certame impulsado polo Consello Social recoñece accións e traxectorias que se distinguiran pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias ou humanitarias

O Consello Social da USC acaba lanzar unha nova edición do Premio Humanitas, dirixido a recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións e que se distinguiran pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade. O prazo para a presentación de candidaturas esténdese ata o 24 de novembro. 

As solicitudes presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social. Poderán facelo membros do Consello Social, de xeito individual ou colexiado; membros de Alumni-USC, tamén de xeito individual ou colexiado; así como integrantes da Comunidade Universitaria. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2023.