Os profesores Celia Besteiro e Carlos Herrero participan como relatores, este xoves 16 de novembro, a partir 19.30 horas, na cafetería da EPS de Enxeñaría, no debate informal promovido polo colectivo universitario ‘Proxéctate en Galego’
O futuro do Campus de Lugo no marco do sistema universitario de titulacións centra este xoves, a partir das 19.30 horas, na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a temática do debate informal promovido polo colectivo ‘Proxéctate en Galego’, no marco dos Encontros de Lúa Chea.
A sesión, durante a que se abordará o escenario aberto tralo acordo para o mapa de titulacións do Sistema Universitario Galego (SUG) asinado en 2021, ao tempo que se reflexionará sobre as consecuencias que depara este documento para a sede universitaria luguesa, contará como relatores cos profesores Celia Besteiro e Carlos Herrero, dous docentes da sede universitaria luguesa que contan con ampla experiencia en xestión universitaria logo de ter ocupado as vicerreitorías de Organización Académica e Coordinación do Campus de Lugo, respectivamente