70. Morbididades e morbilidades
Para designar a ‘proporción entre o número de enfermos e o de persoas no seo dunha poboación determinada e por un período de tempo tamén determinado’ as principais linguas europeas recorren a un cultismo formado sobre o adxectivo latino morbidus.
A maioría delas seguen un mecanismo regular que nos leva a atopar morbidade en portugués, morbidityen inglés, morbiditéen francés, Morbiditäten alemán ou morbiditaten catalán. Aínda así, algúns destes idiomas contan tamén con variantes que engaden -li- (PT: morbilidade, EN: morbility, CT: morbilitat),[1] talvez por analoxía cos substantivos derivados de mortalis (EN: mortality, PT: mortalidade, FR: mortalité, DE: Mortalität, CT: mortalitat).[2]
En español esta dobre alternativa caeu en desuso e hoxe a forma con -li- (morbilidad) ten unha presenza practicamente exclusiva. Por ese motivo, nas últimas edicións do Diccionario de la Real Academia Española a forma morbididad desapareceu do corpus de entradas.
As propostas dos dicionarios galegos abalan entre esas dúas tendencias:
- Os elaborados ou revisados pola Real Academia Galega achegábanse á liña seguida polo castelán e recollían unicamente morbilidade, tanto en obras de vocación xeneralista (Diccionario da Real Academia Galega) como noutras moito máis especializadas (Diccionario galego de termos médicos). Pola contra, o Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa) publicado no pasado 2004 recolle as dúas denominacións, pero sorprendentemente non indica que entre elas exista ningún tipo de relación.
- Outros traballos como o Gran diccionario Xerais ou a Enciclopedia Galega Universal (EGU) si recollen as dúas denominacións, pero só esta última as presenta como sinónimas completas, aínda que dándolle prioridade a morbilidade.
Pola contra, o Gran Xerais ofrece catro acepcións para morbididade, das cales só a última se considera sinónima de morbilidade.
- Condición ou estado de morboso; morbosidade.
- Nun grupo ou nunha poboación, número de persoas que se ven afectadas por unha enfermidade.
- Estudo dos efectos dunha enfermidade nunha determinada poboación.
- Número e distribución das enfermidades que padece unha poboación nun momento concreto, así como o estudo das causas que ocasionan a morte; morbilidade.
Tendo en conta o panorama que acabamos de presentar, pensamos que morbididade debe considerarse como unha palabra correcta en galego xa que:
|
----------------------------------
[1] O caso do italiano é parcialmente diferente: tamén se poden atopar as variantes morbilitàe morbidità, pero a primeira ten un uso maior ca a segunda.
[2] Cómpre non confundir mortaldade con mortalidade.