Pasar al contenido principal

0. Os "xulios" de Joule, os "amperios" de Ampere e outros exemplos dun caos de nomes.

Un idioma preciso

Os termos presentes na linguaxe especializada deben manter a coherencia interna do idioma (non introducir irregularidades nel) e achegalo no posible ás outras linguas de cultura do noso contorno, sen caer na imitación automática do castelán. Un caso paradigmático en que estes dous obxectivos non se están cumprindo adecuadamente é o das denominacións das unidades físicas pertencentes ó Sistema Internacional (SI); nas liñas seguintes expoñeremos a situación presente e ofreceremos unha proposta alternativa de tratamento.

Unha das grandes carencias que de sempre se lle apuxeron ós diccionarios galegos foi a súa escasa atención ó léxico técnico e científico, que se manifestaba tanto na escaseza de entradas que recollían como nas imprecisións, e por veces puras aberracións, que se transmitían a través das definicións. Varios traballos do profesor Daviña Facal, como Problemas do léxico científico: Algunhas propostas de solución (ed. Xunta de Galicia) ou Lingua e ciencia (ed. Xerais) seleccionan moitos deses erros e propoñen solucións alternativas.

O primeiro problema que pode percibirse é a falta de sistematicidade na inclusión de unidades. É moi frecuente que en paradigmas pechados, como por exemplo é o das unidades fundamentais, non se inclúan todos os seus elementos, como se comproba na táboa seguinte, na que analizamos os dous traballos existentes que contan co aval da Real Academia Galega, e os dous diccionarios máis salientable publicados nestes tres últimos anos.

Unidades fundamentais recollidas

Vocabulario ortográfico da lingua galega

Diccionario da Real Academia Galega

Diccionario Cumio da lingua galega

Gran diccionario
Xerais da lingua

amperio

ampere

ampere

amperio

kelvin

kelvin

kelvin

quilogramo

quilogramo

quilogramo

quilogramo

metro

metro

metro

metro

mol

mol

mol

mol

segundo

segundo

segundo

segundo.

 

Nela vemos como a unidade básica de intensidade luminosa (a candela) non aparece recollida en ningunha das catro fontes, e ademais, como o Diccionario da Real Academia Galega non inclúe tampouco a unidade de temperatura termodinámica (o kelvin).

Pero ademais, aínda que as unidades estean recollidas nos diccionarios, o nome que se propón para elas varía entre uns e outros. Así, mentres nalgúns casos se ofrecen como formas adecuadas para o galego as denominacións internacionais (ampere, joule, volt, watt, ohm...), noutros propóñense formas adaptadas (amperio, xulio, voltio, vatio, ohmio...) seguindo unha liña que no noso contorno unicamente aplica o castelán. Algúns traballos incluso chegan a combinar as dúas liñas de tratamento, propondo denominacións internacionais para unhas unidades e denominacións adaptadas para outras. Na táboa seguinte podemos velo graficamente:

Outras unidades do SI recollidas

Vocabulario ortográfico da lingua galega

Diccionario da Real Academia Galega

Diccionario Cumio da lingua galega

Gran diccionario
Xerais da lingua

belio

belio

belio
(sec. "bel")

coulomb;
culombio

coulomb

coulomb

coulomb; culombio

decibelio

decibelio; decibel

decibelio

decibelio

faradio

faradio

faradio

fonio

fonio

fonio
(sec. "fon ")

henrio

henry; henrio

henrio
(sec. "henry")

hercio

hert

hertz

hercio
(sec. "hertz; hertzio")

oerstedio

oerstedio

oerstedio

ohmio

ohm

ohm

ohmio
(sec. "ohm")

voltio

volt

volt

voltio

wat; vatio

watt

watt

wat; vatio

xulio

joule

xulio

belio

belio

belio
(sec. "bel")

coulomb;
culombio

coulomb

coulomb

coulomb; culombio

decibelio

decibelio; decibel

decibelio

decibelio

 

Perante este alto grao de variación, e para axudar ós usuarios, cremos que en galego é preferible optar por empregar de xeito sistemático as denominacións internacionais (belcoulombfaradfonhenryhertzoerstedohmvoltwattjoule...) e desbotar as formas adaptadas, para achegarnos ás linguas do noso contorno, especialmente o portugués, e afastarnos do castelán, que neste aspecto segue un camiño propio, e insolidario coas outras linguas europeas de cultura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2023.