Pasar al contenido principal

As Faíscas Culturais aterran en Ciencias e Veterinaria da man de Hugo Torres, coa performance ‘Bahía botánica’

Intervención de Hugo Torres na Facultade de Ciencias
Intervención de Hugo Torres na Facultade de Ciencias
O espectáculo conducido polo actor e compositor luso nos centros da sede universitaria luguesa recrea unha conversa entre uns ser animal que procura o seu lugar no mundo e plantas que ansían sol e felicidade
Lugo

O programa Faíscas Culturais, unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural, aterrou este mércores nas facultades de Ciencias e de Veterinaria do Campus de Lugo con ‘Bahía botánica’, un relatorio performativo con música e plantas, a cargo de Hugo Torres.

A primeira das Faíscas Culturais programadas este martes na sede universitaria luguesa desenvolvéronse no marco dunha aula aberta a cargo dos profesores Eugenio Fernández Carrasco e Jorge Proupín Castiñeiras. A esta primeira intervención seguiu a acción performativa con música e plantas ‘Bahía botánica’, a cargo do actor, músico, compositor e director artístico luso, Hugo Torres, quen, xa en quenda de tarde, trasladou a súa creatividade á  Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria.

A nova edición das Faíscas Culturais da USC, que levan por título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', afonda na exploración de como a “ansiedade climática” está a calar nas investigacións de artistas 'millennial' de Galicia e do norte de Portugal a través de aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.

Intervención de Hugo Torres na Facultade de Ciencias
Intervención de Hugo Torres na Facultade de Ciencias
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2023.