A Disposición Adicional Sétima dá Lei 33/2011, do 4 de outubro, "Xeral de Saúde Pública" regulou a profesión do psicólogo sanitario xeralista, coa denominación de Psicólogo Xeral Sanitario. De acordo coas directrices ministeriais vixentes, este título de Máster capacita profesionalmente aos psicólogos para o exercicio profesional no ámbito sanitario.
O obxectivo fundamental que persegue este título é a formación de profesionais competentes para a realización de avaliacións, intervencións e investigacións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde.
Este Máster permite inscribir as unidades asistenciais ou consultas de psicoloxía no Rexistro Xeral de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios.
Ao mesmo tempo, este título dá acceso ao Programa de Doutoramento Interuniversitario en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Actualidade
Visita ao CPAP de Bergondo
Máster U. en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Leer másActo egresados promoción 2022-2024
Egresados 2022-2024
Leer másPremio extraordinario Máster U. en Psicoloxía Xeral Sanitaria para Dna. Aldara Varela Lodeiro
Premio extraordinario 2022/2023
Leer más