Pasar al contenido principal

O TED Saúde 2023 xa ten finalistas

Imaxe dos traballos finalistas do TED Saúde 2023
Finalistas Modalidade A
A oitava edición deste concurso, que premia as mellores subtitulacións ao galego de charlas TED do ámbito das ciencias da saúde, presenta os traballos que acadan a fase final do proceso de selección.

A edición de 2023 do concurso TED Saúde vai dando pasos cara á súa resolución.

O xurado, despois de revisar os 52 subtítulos presentados a esta convocatoria, acaba de anunciar os seus finalistas, tanto na modalidade dirixida á comunidade da USC como na aberta ao público xeral. 

Na primeira delas, as subtitulacións ao galego que acadaron esta fase final son as de Belén Albor Nimo (para a charla The way we think about biological sex is wrong), Pilar Brocos (para A young scientist's quest for clean water), Luz Leirós (para The biology of gender, from DNA to the brain) e tres subtítulos de Laura Sánchez Castro (para as charlas The psychology of post-traumatic stress disorderThe science of falling in loveWhat causes panic attacks, and how can you prevent).

Na segunda, as finalistas son Paola Costa (polos seus subtítulos galegos para as charlas Performing brain surgery without a scalpelThe science of preserving sight), Navia Rivas de Castro (para The power of the placebo effect) e María Suárez Seijas (para What if we taught mental health like we teach the ABCs?).

En poucos días, o xurado dará a coñecer as tres persoas que acadan premio na modalidade dirixida á comunidade da USC, e as dúas que o reciben na modalidade aberta ao público.

Xa queda pouco que agardar...  

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.01.2024.