O TED Saúde 2023 xa ten finalistas
A edición de 2023 do concurso TED Saúde vai dando pasos cara á súa resolución.
O xurado, despois de revisar os 52 subtítulos presentados a esta convocatoria, acaba de anunciar os seus finalistas, tanto na modalidade dirixida á comunidade da USC como na aberta ao público xeral.
Na primeira delas, as subtitulacións ao galego que acadaron esta fase final son as de Belén Albor Nimo (para a charla The way we think about biological sex is wrong), Pilar Brocos (para A young scientist's quest for clean water), Luz Leirós (para The biology of gender, from DNA to the brain) e tres subtítulos de Laura Sánchez Castro (para as charlas The psychology of post-traumatic stress disorder, The science of falling in love e What causes panic attacks, and how can you prevent).
Na segunda, as finalistas son Paola Costa (polos seus subtítulos galegos para as charlas Performing brain surgery without a scalpel e The science of preserving sight), Navia Rivas de Castro (para The power of the placebo effect) e María Suárez Seijas (para What if we taught mental health like we teach the ABCs?).
En poucos días, o xurado dará a coñecer as tres persoas que acadan premio na modalidade dirixida á comunidade da USC, e as dúas que o reciben na modalidade aberta ao público.
Xa queda pouco que agardar...