Pasar al contenido principal
  • USC

VIII Convocatoria de proxectos en Aprendizaxe-Servizo (2023-24)

O prazo de presentación estará aberto ata o 8 de xaneiro de 2024. A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.
Lugo, Santiago de Compostela

Os programas de Aprendizaxe-Servizo (service-learning) constitúen unha proposta de innovación educativa asociada na súa definición, aplicación e desenvolvemento, a patróns de mellora cognitiva e social do alumnado universitario, coa finalidade de optimizar o seu crecemento persoal e avanzar no logro de competencias profesionais a través dun servizo á comunidade.

Pódense consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2023.