
Ferramentas e documentación para mellorar a seguridade nos seus equipos e os procedementos a seguir no caso dun incidente.
Pregámoslle que preste moita atención ás recomendacións e non esqueza que ter un equipo conectado á rede da USC implica, ademais de dereitos, unha serie de obrigas. Cada quen é responsable do mal uso que se poida facer do seu ordenador, do seu buzón de correo electrónico, ou de calquera outro recurso posto a súa disposición.