Pasar al contenido principal
Eduroam é un servizo de mobilidade das redes de investigación europeas e do resto do mundo que permite dispoñer de conectividade de xeito automático cando as persoas se despracen entre as universidades e outras institucións afiliadas.

Para utilizar Eduroam debes configurar adecuadamente o teu dispositivo e dispoñer dunha credencial autorizada pola túa institución. Os usuarios externos á USC que desexen utilizar Eduroam deberán estar dados de alta previamente na súa institución.
Imaxe representativa

Eduroam é un proxecto das redes de investigación europeas, coordenado en España por RedIRIS, que proporciona e conectividade a Internet de xeito automático cando as persoas se desprazan entre as universidades e outras institucións afiliadas.

Podes consultar as institucións asociadas en https://www.eduroam.org/where. Para máis información diríxete a http://www.eduroam.es.

Para utilizar Eduroam debes configurar adecuadamente o teu dispositivo e dispoñer dunha credencial autorizada pola túa institución. Os usuarios externos á USC que desexen utilizar Eduroam deberán estar dados de alta previamente na súa institución

No caso de pertencer á USC poderás acceder a algúns servizos internos da USC en función do perfil do usuario (PDI, PAS ou estudante). Para obter máis información sobre a xestión das credenciais na USC diríxete á sección de identidade.

Configuración mediante Eduroam CAT

Este é o método recomendado. Accede a http://cat.eduroam.org y selecciona "Descargue o seu instalador de eduroam". A continuación, selecciona a túa universidade e, por último, o sistema operativo (dispoñibles: Windows, algunhas distribucións de Linux, Apple, Android e Chrome OS).

Páxina de benvida a Eduroam CAT

Selección da institución en Eduroam CAT

Selección do sistema operativo en Eduroam CAT

Parámetros para a configuración manual

Recoméndase a configuración de Eduroam mediante Eduroam CAT (http://cat.eduroam.org).

No caso de ser preciso facer a configuración manualmente:

  • Autenticación e control de acceso mediante os estándares 802.1.x e WPA2-Enterprise (parte do estándar 802.11.i)
  • Protocolo de seguridade inalámbrica: WPA2-AES
  • Protocolos de autenticación e cifrado: EAP-TTLS + PAP
  • Identidade anónima ou externa do protocolo PAP: anonymous [at] usc.es (anonymous[at]usc[dot]es)
  • Os datos de usuario serán os correspondentes a súa credencial de usuario corporativa ou, no caso de persoas alleas á USC, os da súa institución de orixe.
  • Debe activar a comprobación do certificado dixital. Este é un paso importante xa que desta maneira o dispositivo non se conectará a redes maliciosas que poidan falsear o identificador de rede (SSID) "eduroam".
    • Na selección de certificado escolle o da autoridade de certificación "Comodo CA Limited" (AAA Certificate Services), que é o provedor de certificados empregado pola USC a través do servizo TCS de RedIRIS.
    • No caso de non estar incluído no sistema operativo do teu dispositivo descarga o arquivo ou AAA-Certificate-Services.pem (suma SHA256: a5ddabd1602ae1c66ce11ad078e734cc473dcb8e9f573037832d8536ae3de90b)
Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.01.2025.