Pasar al contenido principal

Galego

O galego é lingua propia de Galicia e ademais é lingua oficial xunto co castelán. Ambas as linguas son coñecidas pola inmensa maioría da poboación e dous terzos da poboación falan habitualmente galego en maior ou menor medida.

A cidadanía galega ten o dereito de empregar o galego en todos os ámbitos da vida pública. O ensino de galego e do castelán é obrigatorio en todos os centros escolares.

Na docencia universitaria tanto o profesorado coma o alumnado poden escoller, en xeral, libremente que lingua oficial (castelán, galego) prefiren usar. Na universidade é habitual ter clases en galego e que tamén o utilicen os teus compañeiros e compañeiras.

O galego é unha lingua romance moi próxima ao portugués. Se es de fala portuguesa, en calquera das súas variantes, vaiche resultar moi doado aprendela. Así mesmo, se aprendes galego, entenderte con persoas que falen portugués vaiche ser moi doado.

O CLM ofrece formación regular en lingua galega para as persoas que veñen de fóra de Galicia: os cursos de lingua galega para non galegofalantes, que se veñen celebrando na USC dende 1997, e os cursos de verán. Tamén organiza as probas de competencia lingüística deste idioma para os estudantes e o persoal da USC que non teñan outra acreditación oficial.

Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL

O Centro de Linguas Modernas da USC ofrece formación regular en lingua galega para as persoas que veñen de fóra de Galicia e que teñan máis de 18 anos: os cursos de lingua galega para non galegofalantes, adaptados aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

Teñen unha duración de 50 horas (40 horas lectivas presenciais e 10 de traballo autónomo tutelado). Os cursos poden ter un formato semestral (setembro-decembro, febreiro-maio) ou intensivo de 2 meses.

Os grupos teñen un máximo de 15 alumnos.

Para obter o certificado do curso e créditos ECTS cómpre superar a avaliación e asistir a un mínimo do 80% das horas de clase.

Tamén se ofrecen conversas en liña, cun nivel mínimo de B1. A actividade de conversas comprende 10 sesións de 60 minutos de duración cada unha. Son conversas en liña, polo que imprescindible que a imaxe e o son do equipo utilizado sexan de calidade. As conversas son para un máximo de 4 alumnos/as.

O nivel inicial de lingua galega, en xeral, é o A2. A matrícula no nivel inicial é directa, a través da Secretaría Virtual.

Para as persoas de países de linguas españolas ou portuguesa que nunca estudaran galego, o nivel inicial será o A2 e deberán matricularse en “outros niveis – con nivel acreditado no CLM”.

As persoas que teñen acreditado un nivel no CLM porque aprobaron un curso no semestre anterior, poden matricularse directamente no nivel inmediatamente seguinte.  

As persoas con nacionalidade de países de linguas españolas ou portuguesa, poden matricularse directamente no nivel A2.

As persoas que desexan matricularse en niveis superiores ao A2, non sexan de países de linguas españolas ou portuguesa, e non teñen acreditado un nivel no CLM, deben inscribirse antes nun test de nivel, que é gratuíto.

O test de nivel só autoriza para matricularse no nivel acadado, pero non serve como acreditación do nivel correspondente segundo o MECRL.

De ofrecerse varias datas para realizar o test de nivel, recoméndase acudir á primeira porque as prazas nos cursos se cobren por orde de inscrición.

O test de nivel non ten custo para as/os estudantes.

Para poder matricularse nas conversas, cómpre inscribirse antes nun test de nivel, que é gratuíto e se realiza en liña.

O test de nivel só indica en que nivel de conversa pode matricularse a persoa interesada.

De ofrecerse varias datas para realizar o test de nivel, recoméndase acudir á primeira porque as prazas nos cursos se cobren por orde de inscrición. O test de nivel non ten custo para as/os estudantes.

A2 | Semiintensivo | 1º Semestre | Santiago

  • 45 Plazas
  • Docencia: LAURA FORMOSO CUESTA
Grupo B
Lunes y Miércoles | 12:30 a 14:00 | Facultad de Filosofía | aula de idiomas
Grupo B
Lunes y Miércoles | 19:00 a 20:30 | Facultad de Filosofía | aula 4
Grupo C (las clases comienzan el 26 de septiembre)
Martes y Jueves | 17:30 a 19:00 | Facultad de Filosofía | Aula de idiomas
Horas presenciales
36
Horas trabajo
14
Horas totales
50
Preinscripción en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Matrícula en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Desarrollo de la actividad
16/09/2024 - 02/12/2024
Movimiento automático de lista
29/08/2024 - 30/09/2024
Precio general
100€
CLM: convenios internacionales
0€
CLM: Estudiantes de la USC
0€
CLM: Comunidad de la USC
0€
Acceso matrícula
Secretaría Virtual

A2 | Semiintensivo | 1º Semestre | Lugo

  • 15 Plazas
  • Docencia: Margarita Ramos Méndez
Grupo A
Lunes, Miércoles y Jueves | 15:00 a 16:30 | Facultad de Veterinaria | Aula Aresa-2
Horas presenciales
36
Horas trabajo
14
Horas totales
50
Preinscripción en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Matrícula en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Desarrollo de la actividad
23/09/2024 - 12/12/2024
Movimiento automático de lista
29/08/2024 - 30/09/2024
Precio general
100€
CLM: Estudiantes de la USC
0€
CLM: Comunidad de la USC
0€
Acceso matrícula
Secretaría Virtual

B1 | Semestral | 1º Semestre | Santiago

  • 15 Plazas
  • Docencia: LAURA FORMOSO CUESTA
Grupo A
Lunes y Miércoles | 10:30 a 12:00 | Facultad de Filosofía | aula de idiomas
Horas presenciales
40
Horas trabajo
10
Horas totales
50
Preinscripción en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Matrícula en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Desarrollo de la actividad
30/09/2024 - 10/01/2025
Movimiento automático de lista
29/08/2024 - 30/09/2024
Precio general
100€
CLM: Estudiantes de la USC
0€
CLM: Comunidad de la USC
0€
Acceso matrícula
Secretaría Virtual

B2 | Semestral | 1º Semestre | Santiago

  • 15 Plazas
  • Docencia: LAURA FORMOSO CUESTA
Grupo A
Lunes y Miércoles | 17:30 a 19:00 | Facultad de Filosofía | aula 4
Horas presenciales
40
Horas trabajo
10
Horas totales
50
Preinscripción en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Matrícula en la actividad
29/08/2024 - 30/09/2024
Desarrollo de la actividad
30/09/2024 - 10/01/2025
Movimiento automático de lista
29/08/2024 - 30/09/2024
Precio general
100€
CLM: Estudiantes de la USC
0€
CLM: Comunidad de la USC
0€
Acceso matrícula
Secretaría Virtual

O alumnado dos países que non teñen como lingua oficial o castelán ou portugués deben acreditar o coñecemento da lingua española ou galega mediante un título de nivel B1 ou B2, segundo o caso, do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, para poderen cursar na USC estudos de grao ou de mestrado.

A acreditación do coñecemento da lingua galega nos niveis B1 e B2 ten, logo, a mesma validez cá de lingua castelá para o acceso a graos e mestrados, no caso de estudantes procedentes de fóra de Galicia.

As persoas aspirantes a unha praza de profesorado permanente da USC teñen o requisito de acreditar o coñecemento da lingua galega, co nivel Celga 3 (equivalente a B2). No caso de non posuír este título, ten un prazo de dous anos para conseguilo dende a súa contratación ou nomeamento.

Para acreditares os coñecementos de galego na USC, a universidade ofrece varias vías:

  • Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola USC.
  • Aprobar un curso de galego no CLM da USC que complete un nivel do MCERL.
  • Presentarte ás probas de competencia lingüística de galego do CLM antes de comezar os estudos. De non superar esta proba de competencia lingüística, existe a obriga de seguir un curso do CLM e volverse presentar á seguinte data de exame.

Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por cursos de linguas realizados no CLM, ata un máximo de 6 ECTS.

Para os estudantes procedentes doutra comunidade autónoma que non completaron os seus estudos preuniversitarios en Galicia e para alumnado estranxeiro, recoñécense polos cursos de galego do CLM:

  • A2: 3 ECTS
  • B1: 4 ECTS
  • B2: 5 ECTS
No hay información disponible en este momento.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.07.2024.