Pasar al contenido principal

Formación de Wiley para autores

A editorial Wiley oferta cinco sesións formativas para investigadores
A editorial Wiley oferta cinco sesións formativas para investigadores
Entre o 7 de marzo e o 21 de maio a editorial Wiley oferta unha serie de formacións web na que os autores poderán aprender a realizar buscas efectivas, descubrir ferramentas da intelixencia artificial aplicadas á edición científica e coñecer as últimas iniciativas relacionadas co acceso aberto. É necesaria inscrición previa

A editorial Wiley organiza entre o 7 de marzo e o 21 de maio cinco sesións formativas co fin de apoiar aos investigadores no proceso de publicación dos seus traballos científicos. Para participar é necesario inscribirse previamente.  Algúns dos obxectivos das sesións serán: 
    • Buscar de forma avanzada nas revistas científicas e crear alertas.
    •  Utilizar ferramentas de intelixencia artificial que poidan axudar a autores e profesionais coa  xeración de ideas, colaboracion, busca e tratamento de contidos.
    • Coñecer as iniciativas actuais para xestionar o acceso aberto aos datos seguindo os principios FAIR (acrónimo de Findable, Accessible, Interoperable e Reusable).
    • Visibilizar o traballo científico unha vez foi publicado.
 

Programa

  • Como estar ao día coas revistas científicas de Wiley: alertas e buscas efectivas
    7 marzo. Das 17 ás 18 horas.
    Inscribirse
     
  • Ferramentas de intelixencia artificial para o autor
    21 marzo. Das 16 ás 17 horas
    Inscribirse
     
  • Navegar a revisión por pares
    11 de abril. Das 17 ás 18 horas
    Inscribirse
     
  • Publicar en acceso aberto
    30 abril. Das 17 ás 18 horas
    Inscribirse
     
  • Buscas avanzadas coas revistas de Wiley: exercicios prácticos con Booleanos.
    21 maio. Das 17 ás 18 horas
    Inscribirse
Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2024.